martes, 19 de agosto de 2008

Ruta de Sendeirismo. 14.09.08

O domingo 14 de setembro terá lugar a última das rutas de sendeirismo de esta tempada primaveira - verán.

Nesta ocasión coñeceremos outra zona do Concello de Oza dos Ríos, na contorna do río Mendo.

Coma de costume, os que desexen participar, deberán apuntarse no teléfono 981 79 20 00 (preguntar por Julia ou Susana) ou por correo electrónico: ozaturismo@yahoo.es

lunes, 21 de julio de 2008

EXPOSICIÓN DIDÁCTICA GALICIA BIODIVERSIDADE

Con esta exposición didáctica, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia pretende que todos os galegos coñezan a diversidade de ecosistemas, de especies e de variedades xenéticas que se conservan en Galicia. Que se estimule a toma de conciencia sobre a importancia da conservación da biodiversidade máis próxima que atesouramos en Galicia e, ao mesmo tempo, a mundial. Ademais se queren desenvolver comportamentos positivos cara á conservación das especies e dos seus hábitats e fomentar actitudes responsables que favorezan a conservación da natureza.
Datas: do luns 21 ao xoves 24 de xullo.
Horario: de 10.00 a 13.30 h.
Lugar: Biblioteca Municipal do Concello de Oza dos Ríos.

martes, 15 de julio de 2008

III Xornadas de Medio Ambiente e Turismo Sostible en Oza dos Ríos: Monte do Gato



Este venres e sábado animádevos a coñecer máis sobre o voso concello e loitar polo seu desenvolvemento sostible.

Para máis información chamade ao 981 79 20 00 ou enviade un correo a ozaturismo@yahoo.es

miércoles, 18 de junio de 2008

ACTIVIDADES VERÁN 2008

● CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN OZA DOS RÍOS:

OZA DOS RÍOS – UNIDADE MÓBIL DIANTE DA FARMACIA
LUNS 23 DE XUÑO
De 16:30 a 21:00 horas.


● ACTIVIDADES DE VERÁN 2008:

O vindeiro 1 de xullo comezan as “Actividades de Verán 2008” para nenos e nenas de 4 a 14 anos, e rematarán o xoves 21 de agosto. (Os venres non hai actividade)

Haberá dous grupos:
1) de 4 a 8 anos, en horario de 11:30 a 13:00h e
2) de 9 a 14 anos, en horario de 10:00 a 11:30h.

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará cando rematen as prazas (hai 12 por grupo).

Para face-la inscrición ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres e de 10 a 14h.


● CAMPAMENTO CON ARANGA, COIRÓS E IRIXOA:

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Oza dos Ríos foi convidado a participar no Campamento que organizan os Concellos de Aranga, Coirós e Irixoa, que este ano terá lugar en Quiroga (Lugo) do 7 ao 12 de xullo.

O prezo do campamento é de 240 €, dos que o Concello subvenciona 140 €, quedando, polo tanto, a cota de inscrición para os participantes en so 100 €.

Este prezo inclúe: desplazamentos de ida e volta ó campamento, aloxamento en réxime de pensión completa, monitorado e actividades (ruta en catamarán, iniciación á canoa, rappel, carreiras de orientación, actividades na piscina, etc....)

A idade mínima para participar é de 8 anos e a máxima é de 14. O prazo de inscrición remata o martes 1 de xullo ás 13:00h (número de prazas limitado)

Para face-la inscrición ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres e de 10 a 14h.


XORNADA DE SENDEIRISMO: DOMINGO 29

O domingo 29 de xuño faremos a segunda ruta de sendeirismo de esta tempada. O percorrido será dunhas 4 horas (cun descansiño) e de dificultade baixa. Nela pasearemos polas parroquias de Bandoxa e Rodeiro (Oza dos Ríos) e finalmente faremos unha visita oa petroglifo que se atopa no lugar de Vilachá.
Coma sempre o transporte relizamolo nos vehículos particulares, os menores debe ir acompañados e pregamos que vos inscribades antes do venres 27 de xuño chamando ao 981 79 20 00 ou enviando un correo a ozaturismo@yahoo.es
A hora de encontro será ás 9.30 diante da Casa do Concello de Oza dos Ríos.


· III XORNADAS DE MEDIO AMBIENTE E TURISMO SOSTIBLE EN OZA DOS RÍOS: MONTE DO GATO.

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Oza dos Ríos organiza estas xornadas adicadas a proposta e discusión de posibilidades turísticas e medio ambientais para o noso concello. As xornadas duran tres días: 17 e 18 de xuño charla-coloquio e o sábado 19 poñemos en práctica o aprendido cunha visita guiada ao Monte do Gato pola empresa Cuántica (www.cucana.com). O horario dos tres días será de 9.30 a 14.00 h.
O prazo de inscrición remata o luns 14 de Xullo.


● BASES DO V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA (2008):


1) Poderán participar tódolos interesados/as, sen límite de idade, e independentemente da súa nacionalidade e lugar de residencia.
2) O tamaño e o formato das fotografías serán libres; o tema tamén é libre, sendo condición única (e indispensable) que retraten elementos, paisaxes, construcións, etc., do noso municipio.
3) Ningunha fotografía traerá escrito nada que poida servir para identificar ó autor ou autora.
4) As fotografías realizadas con técnica dixital presentaranse impresas en papel e virán acompañadas dunha copia en CD.
5) Prazo de presentación dos traballos: ata o día 8 de agosto de 2008 ás 13:30h.
6) Os traballos serán remitidos á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello (OMIX do Concello de Oza dos Ríos, Rúa Lois nº 33, 15388, Oza dos Ríos, A Coruña) ou ben entregados en man no propio Concello. (Para máis información: Teléfono- 981 79 20 00 e Fax: 981 79 20 25 – Susana ou Julia).
7) Premios e contía dos mesmos: establécense tres únicos presmios, podendo estes ser declarados desertos se o xurado o estima oportuno (1º: 150 €, 2º: 120 € e 3º: 90 €).Ademais, as fotos gañadoras ilustrarán o calendario oficial do Concello para o 2009.
8) O xurado estará formado polo Alcalde-Presidente do Concello de Oza, xunto cos demais membros da corporación que el designe.
9) Os gañadores daranse a coñecer o xoves 14 de agosto na entrega de premios que se celebrará na Biblioteca Municipal.
10) As fotografías recibidas pasarán a ser propiedade do Concello e serán utilizadas por este e incluídas na súa páxina web, sendo citada en todo caso a autoría da obra.


● OBRADOIROS DE NOVAS TECNOLOXÍAS:

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Oza dos Ríos, dentro da súa programación, organiza dous obradoiros de balde de novas tecnoloxías nos meses de agosto e setembro:

11) AGOSTO: PHOTOSHOP BÁSICO:

Desenvolverase os días: martes 5, xoves 7, martes 12 e xoves 14, en horario de 20:00 a 22:00h.

Neste obradoiro descubriremos as técnicas básicas de tratamento fotográfico que se poden aplicar co programa Photoshop.


12) SETEMBRO: OPTIMIZACIÓN DO USO DE INTERNET:

Desenvolverase os días: martes 2, xoves 4, martes 9 e xoves 11, en horario de 20:00 a 22:00h.

Neste obradoiro trataranse diversos temas de actualidade como poden ser: creación dun blog e introdución de información, vídeos, mapas, sonidos..., coñecemento das ferramentas de búsqueda en internet, planificación e contratación de viaxes e vacacións e optimización xeral do uso de internet.

A idade mínima para participar nestes obradoiros é de 16 anos.

O prazo de inscrición comeza o martes 1 de xullo e rematará cando rematen as prazas, que son 10 por obradoiro.

Para face-la inscrición ou obter calquera información, poden chamar ó 981 79 20 00 (pregunten por Susana ou Julia) de luns a venres e de 10 a 14h.


· DENDE ARXENTINA deixáronnos un comentario no foro

"Mi abuela nació en Oza y emigro junto a toda su familia hacia Argentina antes de 1920, por lo poco que sabemos, ellos vendieron su casa de oza y mi bis abuela, al parecer eseñaba a leer y escribir en la zona, la familia era Diaz Martinez, si alguien tiene algun dato, me gustaria tener alguna foto de esa casa donde elos vivian ¡ (al menos hasta que pueda ir en persona a recorrer galiza) saudos"


· SETE MIL MILLÓNS DE ÁRBORES ATA O 2009
O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), anunciou unha iniciativa para plantar unha árbore por cada ser humano que habita o planeta, coa intención de combater o cambio climático e a perda da biodiversidade.Obxectivo: plantar sete mil millóns de árbores ata o 2009. A reforestación está considerada como uns dos principais procedementos para contrarrestar os cambios climáticos.O director executivo do PNUMA, Achim Steiner, afirmou que a cifra de 7 mil millóns de árbores é perfectamente alcanzable, se se considera que a campaña lanzada en 2006, para plantar dúas mil millóns de exemplares, alcanzou os seus obxectivos en seis meses.Por iso, fan un chamamento a todos os cidadáns, organizacións da sociedade civil e gobernos do mundo para alcanzar este obxectivo antes da Conferencia sobre Cambio Climático que se celebrará en Copenhague no ano 2009.Ata o momento, África é o continente onde se plantaron máis da metade dos exemplares. En América Latina, México marcha á cabeza con 250 millóns.A reforestación está considerada como uns dos principais procedementos para contrarrestar os cambios climáticos. As árbores e os bosques xogan un papel crucial na regulación do clima e na absorción do dióxido de carbono.Unha páxina web permite facer público cada compromiso de plantación e así mesmo confirmar os exemplares efectivamente plantados en cada lugar do mundo.Máis información: Páxina web da campaña:
http://www.unep.org/billiontreecampaign/

miércoles, 28 de mayo de 2008

Ruta de sendeirismo por Aranga

Aínda que a choiva ameazou a realización da actividade durante toda a semana, a mañá do sábado mantivose medio soleada e sen chover ata o final da xornada.

Resultou ser un paseo moi adradable nunha contorna maravillosa ao longo do río Mandeo do que disfrutamos unhas 20 persoas.


Máis fotografías en flickr

http://www.flickr.com/photos/ozaturismo/

A próxima ruta será polo Concello de Oza dos Ríos e a data cambia, do sábado 28 de xullo ao domingo 29.

Esperamos que vos acheguedes.


jueves, 17 de abril de 2008

Sendeirismo 24 Maio: Aranga


O sábado 24 de maio comezaremos por segundo ano cas xornadas de sendeirismo.

Nesta ocasión o lugar a visitar será o concello veciño de Aranga (percorrido aínda por determinar) e a ruta terá unha duración aproximada de 4 horas, cunha paradiña intermedia para facer un descanso e, por exemplo, tomarnos un pequeno bocadillo.

Coma sempre, o traslado realizaráse en coches particulares pero aquel que non dispoña dun, que non se preocupe, seguro, nos repartimos sen problema.

Todos aqueles que vos apuntedes no Concello de Oza, o punto de encotro será ás 9.30 h diante da casa do concello de Oza dos Ríos. Para apuntarvos podedes chamar ao 981 792 000 e preguntar por Susana ou enviar un correo a ozaturismo(arroba)yahoo.es

Se preferides ir directamente ao concello de Aranga, podedes informarvos no 981 793 551/ 541 preguntando por Nef ou Trudi.

Vémonos o 24!!!

Departamento de Turismo do Concello de Oza dos Ríos